The Big Challenge Contest

Curso 2010-2011

Xa temos data para o concurso do Big Challenge deste ano: 12 de Maio de 2011. Dende aquí, anímovos a practicar facendo os tests que como xa sabedes vos axudan a mellorar o coñecemento da cultura e Lingua Inglesa e conseguir bos resultados e premios.

 

Se queredes entrenar para o concurso podedes entrar na páxina web premendo aquí: http://www.thebigchallengequiz.com/es



Curso 2009-2010


Como algúns de vos xa sabedes o 6 de Maio os alumnos/as da ESO realizamos o test do concurso Big Challenge no noso colexio. Ese mesmo día, moitísimos rapaces e rapazas de Francia, Alemania e España facían o mesmo ca nos. Os resultados xa nos foron enviados e podedes consultalos na páxina web do concurso.

Noraboa a todos/as polos resultados acadados e moitísimas gracias polo entusiasmo amosado e a vosa participación.

Especial noraboa a Samuel Fernández Menduíña (1º B ESO) que acadou o 8º posto da nosa comunidade e conseguíu como agasallo un curso de inglés en dvds.

Proximamente celebraremos a entrega de premios para todos os participantes do colexio.

Esperamos a vosa participación de novo o ano que ven!